

Actividades educativas, terapéuticas e de ocio alternativo
Realizamos actividades para entidades, centros educativos, asociacións, empresas e particulares.
próximos talleres
Discuss DIY.
Join Our Forum
Learn Even More.
Read Our Blog
Para familias

Danzacontos: historias en movemento
Martes 19 de novembro
18.30 horas
Viaxaremos a un mundo imaxinario utilizando como vehículo o noso corpo, cun conto que nos levará a explorar e coñecer a nosa contorna a través do movemento e a palabra.
Impartido por Laura Martínez Rey.
Prezo:
Gratuito*
Centro Cultural Torrente Ballester
Concello de Ferrol
*Inscrición:

Danza creativa en familia: movemento, apego e lingua
Xoves 10 de outubro
17.00 para familias con nenos de ata 20 meses
18.00 para familias con nenos de +20 meses
Un obradoiro para conectar coas crianzas a través da linguaxe corporal, os aloumiños, a respiración, a música, o ritmo... Desfrutaremos dun espazo cheo de movemento, emoción e creatividade.
Prezo:
Gratuito*
CSC do Ensanche - Santiago de Compostela (Programa Apego)
*Inscrición:

Danzacontos: historias en movemento
30 de marzo
17.30 (familias con bebés de 0 a 2)
18.30 (familias con nen@s de 2 a 6)
Nesta actividade utilizamos como vehículo un conto e o noso corpo, converténdonos en diferentes personaxes, transportándonos a historias máxicas.
Prezo:
Gratuito
Programa Apego - Oleiros
*Inscrición: omixsada@gmail.com ou 981620331
Para menores

Cociña e cultura: crêpes (gratuito)
24 de maio
20.00 - 22.00
A partir de 14 anos
Actividade de OMIX (Sada). Aprenderemos a elaborar este coñecido prato francés, cuxo segredo está na masa, e faremos variantes doces e salgados.
Prezo:
Gratuito*
Asociación de Veciños Armental – Carnoedo (Sada)
*Inscrición: omixsada@gmail.com ou 981620331

Cestería en papel
14 de xuño
20.00 - 23.00
A partir de 14 anos
Actividade de OMIX (Sada).
Utilizaremos e aprenderemos as mesmas técnicas dos cesteiros e cesteiras empregando papel de xornal en vez de vimbias.
Prezo:
Gratuito*
Local OMIX
(Sada)
*Inscrición: omixsada@gmail.com ou 981620331

Reciclaxe de palets: letreiros personalizados
7 de xuño
21.00 - 23.00
A partir de 12 anos
Actividade do programa Nocturnia. Utlizaremos palets como elemento principal para elaborar letreiros personalizados co teu nome ou unha frase que te motive cada día.
Prezo:
Gratuito*
Centro Ágora
(A Coruña)
Reserva de praza dende o 3 de xuño aquí.
Para adultos
%20editado.jpg)
Taller de Danza e Movemento Creativo
Os venres do 15 ao 29 de novembro
19.30 - 20.45
Prezo:
Gratuito*
Obradoiro gratuito para 20 persoas dentro do programa Festigual, o Festival de Artes pola Inclusión Cultural, un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras.
Centro Ágora - Aula 7 ( A Coruña)
*Pincha aquí para inscribirte.

Relaxación, Conexión e Consciencia (Nocturnia)
22 de novembro
21.15 - 23.00
Prezo:
Gratuito*
Neste taller practicaremos diferentes técnicas para utilizar no noso día a día, coas que aprenderemos a relaxarnos a nivel físico e mental, conectando co noso interior.
Ciudad Deportiva de Riazor - A Coruña
*Pincha aquí para inscribirte.

Reciclaxe de palets: letreiros personalizados (Nocturnia)
22 de novembro
21.00 - 23.00
Prezo:
Gratuito*
Actividade do programa Nocturnia. Utlizaremos palets como elemento principal para elaborar letreiros personalizados co teu nome ou unha frase que te motive cada día.
Centro Ágora - A Coruña
*Pincha aquí para inscribirte.