Aire libre: rutas, xogos e ocio alternativo
Talleres organizados co obxectivo de que toda a familia conecte coa contorna natural e se beneficie do exercicio físico en plena natureza.
Planificamos caminatas por rutas acondicionadas, adecuadas para toda a familia, onde todos poden desfrutar da beleza que nos rodea. As rutas poden ir acompañadas de actividades como magostos, visitas guiadas a distintos lugares con diferentes temáticas, talleres de artesanía, etc.
Ao aire libre tamén realizamos olimpiadas de xogos tradicionais, nas que se coopera con outras familias; e xornadas de busca do tesouro, nas que colaborar en equipo é indispensable para ser a familia gañadora.