Arte & danza creativa en familia
Compartir un espazo de tempo libre, relación e diversión fora das rutinas diarias, supón para calquera familia unha oportunidade para reforzar os lazos entre os seus membros.
Neste taller en familia, expresarémonos a través do movemento e a pintura, conectarémonos a través da danza, a música, o ritmo, o xogo... utilizando a comunicación non verbal coma unha ferramenta para relacionarnos dende un novo punto de vista e explorar novas maneiras de comprendernos e coñecernos. Tamén haberá un espazo para a relaxación, onde adquirir técnicas para respirar xuntos. Estimularemos a nosa creatividade e imaxinación en cada sesión, colaborando e respectándonos, escoitando e propoñendo, tendo como base a Danza Movemento Terapia.
Esta actividade aportará ás familias tanto beneficios colectivos, fomentando unha relación positiva, mellorando a comunicación, reforzando os roles de cada membro, facilitando a expresión das emocións, etc.; coma beneficios individuais a nivel físico, psíquico, emocional e social, nun proceso de crecemento persoal, desenvolvemento e aprendizaxe.
A interacción en familia, a través desta actividade, reforzará ós vínculos afectivos, fomentando a seguridade nun/ha mesmo/a e no grupo familiar, proporcionando unha actividade na que divertirse, compartir e gozar, construíndo un espazo entre todos/as.
-
Empatía, escoita activa e percepción do outro.
-
Autoestima e Confianza.
-
Establecemento de relacións positivas.
-
Respecto, integración e cooperación.
-
Destrezas físicas.