Arte & danza creativa 

Moverse, Crear, Explorar, Comunicarse, Respectarse, Medrar​.

Arte & danza creativa é un taller para experimentar e soñar a través do corpo, a pintura e o movemento. Unha actividade que parte da Danza Movemento Terapia e que nos abre un espazo de integración, onde fomentaremos o respecto e o sentimento de grupo, onde todos/as somos iguais. Un lugar para mostrarnos e coñecernos, imaxinar e crear, pero tamén para aprender e medrar, axudando a un desenvolvemento integral a nivel cognitivo, físico, emocional e social.

Neste taller, os nenos e nenas explorarán o seu corpo, a súas capacidades e as súas emocións, os seus gustos e a súa personalidade única, sempre a través do xogo, a pintura, a música, o silencio, a danza, a respiración, a relaxación e múltiples materiais (teas, instrumentos, aros...); utilizando as súas expresións non verbais.

 

Pintarán bailando, moveranse pintando, ampliarán o seu rango de movementos, a súa capacidade de reacción e improvisación,  aprenderán a deixarse levar, establecerán relacións positivas, mellorarán o seu ritmo, equilibrio, flexibilidade; adquirirán técnicas de respiración, concentración e relaxación... E divertiranse con diferentes dinámicas, que lles axudarán a conectar co seu corpo, mellorar a consciencia corporal, comunicarse e expresarse, e medrar psíquica e físicamente. Os talleres están adaptados á idade dos/as participantes.

Este taller aporta...
  • Consciencia e control corporal.

  • Percepción espacial.

  • Desenvolvemento da creatividade e imaxinación.

  • Identificación, expresión e xestión das emocións.

  • Capacidade de atención e concentración.

  • Habilidades sociais e de comunicación.

  • Empatía, escoita activa e percepción do outro.

  • Autoestima e Confianza.

  • Establecemento de relacións positivas.

  • Respecto, integración e cooperación.

  • Destrezas físicas.

 
facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29