Artesanía, natureza & reciclaxe

Utilizando materiais de regugallo (papel, plástico, cartón, vidro, latas...) e elementos naturais (paus, sementes, cunchas...), crearemos todo tipo de elaboracións orixinais e únicas: decoración, complementos, útiles variados... Aprenderemos técnicas artesás para traballar co papel, o cartón, etc.; e descubriremos orixinais ideas para reutilizar moitos dos elementos que todos/as temos na casa ou podemos conseguir facilmente.

Coa reciclaxe e reutilización axudaremos á redución de residuos, aportando o noso grao de area para axudar ó coidado do medio ambiente. Ademais, esta actividade nos axudará a fomentar a nosa capacidade creativa e a estimular a motricidade e mobilidade das mans, así como a traballar a comprensión e interiorización de instrucións, e por suposto, a paciencia e as capacidades de atención e concentración. Pero sobre todo, divertirémonos nun espazo no que crear e descubrir as nosas habilidades artísticas, construíndo e compartindo ideas.

SACANDO Á LUZ A NOSA CREATIVIDADE

Crea o teu pau de chuvia

Un máxico instrumento musical con material reciclado e outros naturais, que nos transportará ó medio da natureza.

Bixutaría con tapas e
chapas de metal

Chapas, colgantes, pendentes, chaveiros... reciclando tapas metálicas de botellas e botes de vidro, mediante a técnica de decoupage e outros materiais.

Ciclo de cartón e papel

Un ciclo de obradoiros dedicados a aprender técnicas artesanais e elaboracións específicas con papel e cartón de refugallo.

Ciclo de envases de prástico

Un ciclo de obradoiros dedicados a descubrir posibles maneiras de reutilizar os envases de plástico para crear orixinais elaboracións.

Bixutaría con madeira natural

Un obradoiro puntual ideal para eventos con moita xente, onde cada persoa poderá realizar a súa creación nun corte de madeira de pólas de árbores caídas, utilizando a técnica de decoupage para plasmar unha imaxe. Rápida e sinxela, esta actividade artesanal permite que un gran grupo de persoas realicen unha elaboración durante o tempo de duración do taller (1h ou 2h, dependendo do tipo de evento).

Tinguidura de camisetas

Experimentar con tinturas de cores diferentes, aprendendo técnicas variadas para deseñar a tintura das nosas propias camisetas con variadas formas e acabados, customizando prendas novas ou reciclando e dando unha nova vida ás que xa temos.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29