Artesanía & reciclaxe
A través de materiais de refugallo e mateirais naturais, crearemos todo tipo de elementos orixinais e únicos. Reutilizando diversos obxectos axudaremos á redución de residuos, aportando o noso grao de area para axudar ó coidado do medio ambiente. Aproveitaremos variados materiais como botellas, recipientes, botes, latas, tubos de cartón, papel de xornal, etc., ós que daremos unha nova vida. Aprenderemos diversas técnicas de artesanía como decoupage, elaboración de papel-cartón, etc. As elaboracións poden adaptarse a cada grupo de idade.
SACANDO Á LUZ A NOSA CREATIVIDADE
Esta actividade axudará a fomentar a nosa capacidade imaxinativa e creativa e a estimular a motricidade e mobilidade das mans, así como a traballar a comprensión e interiorización de instrucións, e por suposto, a paciencia e as capacidades de atención e concentración. Pero sobre todo, divertirémonos nun espazo no que crear e descubrir as nosas habilidades artísticas, construíndo e compartindo ideas.
Xogos e xoguetes tradicionais
Unha oportunidade para converternos en inventoras e inventores dos nosos propios xoguetes, creando xogos que nos inviten a imaxinar e a divertirnos.
Instrumentos
Un taller para poñer música e ritmo na nosa vida, e de que mellor maneira que con instrumentos feitos por nós mesmos/as.
Bixutaría e complementos
Deseñando e creando as nosas pezas de bixutería e complementos con material reciclado: chaveiros, colgantes, moedeiros, pulseiras, etc.
Artesanía & natureza: terra e mar
Sentirémonos máis cerca da natureza neste obradoiro no que faremos orixinais creacións aproveitando diferentes materiais naturais como cunchas, paus, follas, piñas, etc.
Cartón & papel
Un ciclo de talleres dedicados a aprender técnicas artesanais e elaboracións específicas con papel e cartón de refugallo.
Envases de prástico
Un ciclo de talleres dedicados descubrir posibles maneiras de reutilizar os envases de plástico para crear orixinais elaboracións.