Artesanía & reciclaxe en familia

A través de materiais de refugallo e materiais naturais, crearemos todo tipo de elementos orixinais e únicos. Reutilizando diversos obxectos axudaremos á redución de residuos, aportando o noso grao de area para axudar ó coidado do medio ambiente. Colaborando en familia, axudándonos e creando xuntos/as, aproveitaremos variados materiais como botellas, recipientes, botes, latas, tubos de cartón, papel de xornal, etc., ós que daremos unha nova vida. Aprenderemos diversas técnicas de artesanía como decoupage, elaboración de papel-cartón, etc. As elaboracións poden adaptarse a cada grupo de idade.

SACANDO Á LUZ A NOSA CREATIVIDADE

Esta actividade axudará a fomentar a nosa capacidade imaxinativa e creativa e a estimular a motricidade e mobilidade das mans, así como a traballar a comprensión e interiorización de instrucións, así como a paciencia e as capacidades de atención e concentración, e a nosa capacidade para traballar en equipo. Pero sobre todo, divertirémonos nun espazo no que crear e descubrir as nosas habilidades artísticas, construíndo e compartindo ideas.

Xogos e xoguetes tradicionais

Unha oportunidade para converternos en inventoras e inventores dos nosos propios xoguetes, creando xogos que nos inviten a imaxinar e a compartir e divertirnos en familia.

Instrumentos

Un taller para poñer música e ritmo na nosa vida, e de que mellor maneira que con instrumentos feitos por nós mesmos/as.

Bixutaría e complementos

Deseñando e creando as nosas pezas de bixutería e complementos con material reciclado: chaveiros, colgantes, moedeiros, pulseiras, etc.

Artesanía & natureza: terra e mar

Sentirémonos máis cerca da natureza neste obradoiro no que faremos orixinais creacións aproveitando diferentes materiais naturais como cunchas, paus, follas, piñas, etc.

Cartón & papel

Un ciclo de talleres dedicados a aprender técnicas artesanais e elaboracións específicas con papel e cartón de refugallo.

Envases de prástico

Un ciclo de talleres dedicados descubrir posibles maneiras de reutilizar os envases de plástico para crear orixinais elaboracións.   

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29