Cestaría en papel

Con este taller pretendemos lembrar, recuperar e facer homenaxe á nosa tradición das cesteiras e cesteiros. Neste caso, en vez de traballar coas vimbias, utilizamos papel de xornal ou revista e aprendemos as mesmas técnicas destes artesáns e artesás, promovendo o mantemento do noso patrimonio cultural. Elaboraremos auténtica artesanía tradicional ó mesmo tempo que axudamos ó medio ambiente, reducindo residuos e reciclando o papel para darlle unha nova vida creando novos elementos. Ademais, esta actividade nos axudará a fomentar a nosa capacidade creativa e a estimular a motricidade e mobilidade das mans, así como a traballar a comprensión e interiorización de instrucións, e por suposto, a paciencia e as capacidades de atención e concentración. Relaxarémonos “cesteando”!

TIPOS DE TALLERES

CICLO DE CESTERÍA EN PAPEL. Pode ser de curta, media ou longa duración (actividade semanal). Duración de cada clase: 1h // 1h30min // 2h (segundo necesidades). Realizaranse diversas pezas de maneira personalizada (segundo gustos e preferencias en canto a deseño), aprendendo varias técnicas e métodos diferentes.

OBRADOIRO DE CESTERÍA EN PAPEL. Puntual. Duración 3 horas. Todas as persoas asistentes poderán aprender unha técnica de cestería e elaborar as súas propias cestas, obtendo deste xeito, a base para comezar a experimentar e elaborar novas pezas.

OBRADOIRO DE BOLSOS DE PAPEL: TÉCNICAS DE CESTERÍA. Puntual. Duración 3 horas. Todas as persoas asistentes poderán aprender unha técnica de cestería e elaborar un pequeno bolso, obtendo deste xeito, a base para comezar a experimentar e elaborar novas pezas.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29