Cociña & cultura

Os talleres de Cociña & cultura axudan ós nenos e nenas a ampliar a súa educación alimentaria. Aportan información sobre os hábitos de consumo saudables e a manipulación dos alimentos.  Nos talleres, descubren novos produtos e diferentes maneiras de comelos e combinalos, deliciosas receitas tradicionais, ou novos sabores de culturas gastronómicas de diferentes lugares do mundo, o que os ensina a valorar a gran diversidade cultural que hai no noso planeta.

Ademais, desenvolven a súa capacidade creativa e aspectos como a paciencia e o autocontrol. Os talleres promoven a mellora da capacidade para traballar en equipo e cooperar e compartir coas demais persoas. E por suposto, aprenden deliciosas receitas que poden compartir despois coa  familia.

Estes talleres poden ter carácter semanal, puntual ou en ciclos de corta, media ou longa duración.  Adaptaranse á idade e características das persoas participantes, e o contido e tipo de elaboración dependerán do tempo de duración da sesión. Nas sesións trataranse os seguintes aspectos:

  • Explorando e aprendendo: descubriremos múltiples aspectos sobre a alimentación, os produtos e os sabores. Colocaremos cada produto utilizado na pirámide alimenticia, aprendendo hábitos saudables. Viaxaremos explorando novas culturas a través da gastronomía, descubrindo lugares, produtos, linguas e costumes, enriquecéndonos a través da diversidade cultural.

  • Cociñando e creando: elaboración de receitas frías ou quentes, entrantes, pratos principais ou sobremesas, incluíndo novos sabores e combinacións de alimentos, ampliando as perspectivas e posibilidades alimentarias, creando orixinais decoracións ó gusto da cada participante.

Outras opcións: talleres puntuáis de Cociña & cultura

 

Taller de biscoito tradicional

Taller de rosquillas

Taller de madalenas

taller de Gnocchi e pesto

taller de tortillas mexicanas

taller de crêpes

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29