Relaxación, respiración & consciencia

Para familias con nenos a partir dos 7 anos

Este taller é un espazo diferente e especial para compartir en familia, para descubrir diversas técnicas de conexión corpo-mente, comunicación, respiración e relaxación, que podamos aplicar na nosa vida cotiá.

Respirando, conectándonos, e divertíndonos, aprendendo formas de comunicarnos e relaxarnos, de concentrarnos e mellorar a nosa consciencia corporal, atopando camiños para xestionar as nosas emocións e sentirnos en equilibrio. Un momento para facer un alto no camiño e atopar novas vías para desfrutar e medrar xuntos/as.

Traballaremos con diversos materiais como teas, pelotas, globos... utilizando o noso propio movemento e a nosa respiración para concentrarnos, expresarnos e relacionarnos.

Pódese desfrutar deste taller a domicilio en sesións privadas: o teu espazo, os teus horarios. 

  • Habilidades sociais e de comunicación.

  • Empatía, escoita activa e percepción do outro.

  • Autocoñecemento e confianza.

  • Establecemento de relacións positivas.

  • Destrezas físicas.

Este taller aporta...
  • Consciencia e control corporal.

  • Técnicas de respiración e relaxación.

  • Identificación, expresión e xestión das emocións.

  • Capacidade de atención e concentración.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29