En equilibrio: emocións, autoestima e comunicación

Nas diferentes etapas da nosa vida prodúcense multitude de cambios tanto biolóxicos, coma físicos, cognitivos, emocionais e sociais. Para desfrutar dunha boa calidade de vida, resulta fundamental dispoñer de recursos para adaptarnos e xestionar as nosas vivencias da mellor maneira posible.

Confiar en nós mesmos/as, nas nosas capacidades, aceptarnos e querernos, é o primeiro paso para evolucionar estimulando as nosas habilidades emocionais,  sociais e de comunicación, nun proceso de crecemento persoal que se traduza nunha mellora na nosa calidade de vida.

Nesta actividade descubriremos vías xustamente para sentirnos en equilibrio con nós mesmos/as e a nosa contorna familiar e social. Crearemos un espazo de confianza onde sentirnos seguros/as e cómodos/as para comunicarnos e responder ás nosas necesidades, onde promoveremos a adquisición e mellora de habilidades emocionais, sociais e de comunicación como a confianza, a empatía, a autoestima, a escoita activa, o respecto, a cooperación, a resolución de conflitos ou a identificación e xestión das emocións.

Nestas sesións traballaremos de maneira sinxela, creativa, amena e divertida a través de palabras, imaxes, xogos e dinámicas de cooperación, para facilitar a interiorización e comprensión dos conceptos e propostas. Estableceranse obxectivos específicos segundo as necesidades das persoas do grupo.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29