Madeira & reciclaxe
A partir de 12 anos e para adultos
Con madeiras recicladas, acompañándoas de materiais de refugallo e elementos naturais, crearemos todo tipo de elaboracións orixinais e únicas: mobles, decoración, útiles variados... Aprenderemos técnicas para traballar coa madeira, o papel, etc.; e descubriremos orixinais ideas para reutilizar moitos dos elementos que todos/as temos na casa ou podemos conseguir facilmente.
Coa reciclaxe e reutilización axudaremos á redución de residuos, aportando o noso grao de area para axudar ó coidado do medio ambiente, e divertirémonos nun espazo no que crear e descubrir as nosas habilidades artísticas, construíndo e compartindo ideas. Experimenta a satisfacción de traballar coas túas propias mans! Faino ti mesm@!!
-
Estimulamos a nosa capacidade creativa.
-
Aprendemos técnicas de traballo coa madeira para elaborar os nosos propios mobles e obxectos decorativos.
-
Aprendemos técnicas coma o decoupage, válidas para decorar multitude de creacións.
-
Coñecemos unha alternativa orixinal e de baixo custo para facer decoración personalizada para o noso fogar.
-
Descubrimos unha maneira de practicar as tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
-
Desfrutamos creando coas nosas propias mans, obtendo beneficios a nivel psíquico, cognitivo e social, en aspectos como a relaxación, a concentración, a piscomotricidade, as relacións sociais, etc.