Mente crea-activa

Un dos segredos para gozar dunha boa calidade de vida é manter a nosa mente activa, non deixar de pensar, resolver, descubrir, escoitar, memorizar, aprender... A ximnasia mental axúdanos a manter as nosas habilidades cognitivas durante máis tempo. Ademais, en Xanzá consideramos que unha mente activa é sempre unha mente creativa, capaz de imaxinar, planificar, explorar, discorrer, crear, desfrutar e facer desfrutar.

Por estes motivos, propoñemos este taller no que estimular as nosas capacidades cognitivas a través de dinámicas variadas, técnicas de memoria, textos e historias que nos farán rir, soñar, aprender e descubrir; conversas, debates, xogos cooperativos de linguaxe ou cálculo, xogos de rol ou expresión teatral, para manternos activos/as, e compartir un espazo ameno de intercambio e colaboración.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29