- Laura Martínez Rey
10 beneficios de conectar corpo e mente
Updated: Feb 27, 2019
Buscas novos camiños para mellorar a túa calidade de vida? Segue lendo e descubre como a interrelación de corpo e mente pode supoñer un cambio radical.

A interrelación “corpo–mente” foi adquirindo unha maior presenza e importancia nos ámbitos da saúde e o crecemento persoal do ser humano. O corpo é o lugar de manifestación de vivencias, doenzas, enfermidades, ilusións, alegrías, frustracións..., supoñendo unha importante vía de intervención e curación.
"A mente e o corpo preséntanse coma un conxunto inseparable, como elementos que interactúan constantemente, influíndose mutuamente".
Dende este punto de vista, a mente e o corpo preséntanse coma un conxunto inseparable, como elementos que interactúan constantemente, influíndose mutuamente. Hoxe en día podemos atopar diferentes terapias ou disciplinas que promoven esta integración psico-física, pero cales poden ser os beneficios de conectar corpo e mente?
10 razóns para comezar:
1. Axúdanos a centrarnos no “aquí e agora”, o primeiro paso para mellorar a nosa calidade de vida.
2. Fomenta un maior autocoñecemento, buscándonos, sentíndonos, explorando o noso interior, tomando consciencia do corpo máis alá das doenzas.
3. Promove a mellora da autoestima e a seguridade e confianza nun/ha mesmo/a.
4. Axúdanos a mellorar a imaxe corporal, coñecéndonos, aceptándonos, queréndonos.
5. Supón a base para estimular e descubrir as nosas capacidades, e a vía para detectar as nosas necesidades.
6. Facilita a identificación, xestión e expresión de emocións.
7. Reforza as capacidades de atención e concentración.
8. É o inicio do camiño para reducir estados de ansiedade, tensión, depresión e ira.
9. Mellora a consciencia corporal, o control corporal e a percepción espacial.
10. É o punto de partida para o desenvolvemento da creatividade.
Parece que resulta fundamental ter en conta corpo e mente nun proceso de evolución e crecemento persoal, verdade? Se desexas comezar o teu camiño, a Danza Movemento Terapia é unha gran opción e #REMOVERTE o lugar que pode invitarte a reflexionar, e onde atoparás técnicas, exercicios, talleres e camiños para continuar medrando.