• Laura Martínez Rey

Re-conéctate: unha técnica de consciencia e relaxación en casa

Introduce no teu día a día sinxelas pautas para o benestar. Con 15-20 minutos é suficiente para RE-conectarte e RE-Moverte.

Dedicar un pequeno momento do día para ti pode axudarte a reducir tensión e a comezar a integrar corpo e mente. Podes descubrir algúns dos beneficios que pode proporcionarte esta integración psico-física neste artigo: “10 beneficios de conectar corpo e mente”.


Esta sinxela pauta podes facela de maneira individual ou compartila coa túa parella, familia ou amigos/as. Sempre é máis sinxelo concentrarse e realizar estes exercicios cunha guía dentro dunha sesión, por exemplo, eu realizo este tipo de prácticas nos meus talleres de Danza Movemento Terapia; pero con práctica e a axuda dunha música relaxante, pouco a pouco aumentará a túa capacidade para concentrarte e gozar dos beneficios desta técnica no teu día a día.

Busca un espazo cómodo e acolledor, cunha boa temperatura ambiente. O ideal é facer a dinámica tombada/o sobre unha superficie cómoda, pero tamén podes realizala sentada/o se o prefires. Lembra que a medida que nos centremos nos exercicios, o ritmo lento da respiración, a relaxación e a quietude, farán que baixe a nosa temperatura corporal, polo que podes utilizar unha manta ou simplemente estar máis abrigada/o.

Dedicar un pequeno momento do día para ti pode axudarte a reducir tensión e a comezar a integrar corpo e mente.


Preparada para comezar?



1. Comeza collendo aire polo nariz e soltando pola boca. Se non che resulta posible respirar así, faino a túa maneira, xa que o máis importante é sentirte cómoda/o. Pouco a pouco, vai baixando o ritmo e facendo as respiracións máis longas, collendo aire lentamente e de maneira máis profunda, e soltándoo amodo.


2. Cando a túa respiración sexa máis lenta e profunda, comeza a sentir como pesa o teu corpo, aproveitando o momento no que soltas o aire para deixar peso no chan. Vai facendo un “escaneo mental” do teu corpo, dende a cabeza ata os pés, sentindo como se relaxa e pesa cada parte.

3. Concentrada/o na túa respiración, te propoño unha dinámica similar á Relaxación Progresiva de Jacobson. Neste caso, cando collas aire polo nariz o dirixirás a diferentes partes do corpo, tensionando/estirando no mesmo intre cada parte, para relaxala cando soltas o aire; repetindo varias veces. Por exemplo, podes comezar levando o aire á zona da cabeza, para despois seguir co peito (inflar), a barriga, os brazos e mans, a cadeira e as pernas e pés. Sinte como se estiran as extremidades a medida que entra o aire, ata a punta dos dedos e dos pés; ou como se contrae a zona da pelve, para despois relaxala lentamente a medida que soltas o aire.


Esta pauta pode axudarte a aumentar a túa consciencia corporal e a túa capacidade de concentración, pero sobre todo suporá un camiño para conectar co teu interior, poñendo atención plena ó momento. Ademais de axudarte a reducir tensións, tras a práctica terás o tándem corpo-mente máis receptivo para crear, pensar, reflexionar e identificar mellor as túas emocións. Goza deste pequeno momento para ti! Descubrirás outros exercicios para mellorar a túa calidade de vida en novos posts!



Un pouco acerca de mín...

Educadora Social (Universidade de Santiago de Compostela, USC)

Danza Movemento Terapeuta (Máster da Universitat Autònoma de Barcelona, UAB)

Membro Titular Rexistrado da ADMTE (“Asociación de Danza Movimiento Terapia Española”)

Máster de Intervención na Discapacidade e na Dependencia (Universidade da Coruña, UDC)

Monitora no Método de Psicoballet (Fundación Maite León, Madrid)

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29