Relaxación, respiración & consciencia

A partir de 12 anos

Un espazo no que os nenos e nenas poderán descubrir diversas técnicas de conexión corpo-mente, comunicación, respiración e relaxación, que poderán aplicar na súa vida cotiá. Respirando, conectándose, e divertíndose, aprendendo formas de respirar, comunicarse e relaxarse, de concentrarse e mellorar a súa consciencia corporal, atopando camiños para xestionar as súas emocións e sentirse en equilibrio.

Traballarán con diversos materiais como teas, pelotas, globos... utilizando o seu propio movemento e a súa respiración para concentrarse, expresarse e relacionarse.

QUE LLES APORTA ESTA ACTIVIDADE?

Consciencia e control corporal.

Técnicas de respiración e relaxación.

Identificación, expresión e xestión das emocións.

Capacidade de atención e concentración.

Habilidades sociais e de comunicación.

Empatía, escoita activa e percepción do outro.

Autocoñecemento e Confianza.

Establecemento de relacións positivas.

Destrezas físicas.

Pódese desfrutar deste taller a domicilio en sesións privadas: o teu espazo, os teus horarios. 

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29