Relaxación, respiración & consciencia

Un espazo para pararnos a respirar, un paréntese dentro da nosa rutina. Practicaremos diferentes técnicas de relaxación e consciencia corporal a través da Danza Movemento Terapia, tanto a nivel individual coma en parella e grupo, que nos axudarán a conectar corpo e mente, atopando camiños para xestionar as nosas emocións e sentirnos en equilibrio.

Nas sesións utilizaremos a respiración, o movemento, a música, múltiples dinámicas e materiais como teas, pelotas, globos..., que nos axudarán a relaxarnos a nivel físico e mental, conectar co noso interior, liberar tensións, aumentar a consciencia corporal, a concentración e atención ó corpo e a percepción espacial.

Aprenderemos técnicas para utilizar na nosa vida diaria, para achegarnos a un estado de relaxación, desconectando da rutina para conectar con nós mesmas/os. Traballaremos a atención ó noso interior, buscando a consciencia plena, centrándonos no “aquí e agora”, abrindo o camiño para despexar a nosa mente e desfrutar do momento presente.

REDUCE O ESTRÉS, LIBERA TENSIÓNS

Fomentamos a mellora da nosa consciencia corporal para facilitar a relaxación. Proporcionamos un espazo para respirar e desconectar fora das rutinas diarias.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29