Sobre mín 

Como Educadora Social e Danza Movemento Terapeuta teño a sorte de poder compartir experiencias con persoas de diferentes idades e lugares, con necesidades e capacidades diversas, que me permiten medrar como persoa e profesional, e descubrir como o noso corpo e o seu movemento supón unha canle marabillosa e necesaria para identificar, expresar e xestionar emocións e vivencias. Comezar a vivir dende a integración corpo-mente, abrirnos a novos camiños e experiencias, a unha maior consciencia, supón o primeiro paso para sentirnos en equilibrio e medrar dun xeito diferente.

 
facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29