Risoterapia
A Risoterapia é unha psicoterapia practicada en grupo que consiste na práctica de exercer a risa a vontade para aproveitar o seus múltiples beneficios anímicos e de saúde, a través de variadas técnicas de expresión corporal, xogo, creatividade, relaxación, etc.
Entre todas as persoas do grupo crearemos un ambiente de confianza no que deixarnos levar, divertirnos, comunicarnos e compartir moitas risadas.
A través da palabra, a expresión corporal, o teatro, o xogo, as miradas, a respiración, os xestos... desconectaremos da vida cotiá e nos relaxaremos, recibindo múltiples beneficios a través dun elemento tan natural como é a risa.
INTEGRACIÓN PSICO-FÍSICA E CRECEMENTO PERSOAL
As persoas que introducen a risoterapia nas súas vidas atopan que os seus problemas, e tamén a súa dor, perden peso e importancia na súa vida gracias á risa, que as sitúa inmediatamente nun novo estado de ánimo, lonxe da negatividade. Especialmente no caso das persoas maiores, que experimentan máis problemas psíquicos e físicos, a risoterapia é unha medicina complementaria que as poden axudar a manter un bo estado de saúde e de ánimo. Os exercicios son de baixo impacto, e o seu enfoque único ofrece unha metodoloxía que pode adaptarse sen problema a tódolos niveles cognitivos, sensoriais e de habilidades motrices. E o mellor: é divertido!