Sobre nós

Co obxectivo de darlle forma a uns ideais comúns, dúas persoas unimos os nosos camiños para crear Xanzá Movemento Eco-creativo, unha plataforma que emerxe coa fin de aportar unha oferta aberta a toda a poboación, dende a que promover un estilo de vida saudable a nivel psíquico, físico, emocional e social, a través da creatividade, a ecoloxía, a emoción e o movemento.

Pretendemos transmitir ferramentas e coñecementos básicos para unha boa calidade vida en equilibrio con nós mesmos/as e coa nosa contorna humana, natural e cultural, proporcionando espazos de confianza onde reforzar e explorar capacidades, establecendo relacións positivas, adquirindo novas habilidades e atopando camiños de motivación que permitan ás persoas participantes explorar novas vías para desfrutar e divertirse, pero sobre todo, para medrar.

Dende a nosa plataforma, ofrecemos un trato directo e personalizado a todas aquelas persoas que son partícipes das actividades. A atención, a escoita activa, a empatía e a confianza, son aspectos fundamentais que forman parte da nosa personalidade.

 
Laura Martínez

Educadora social e Danza Movemento Terapeuta. 

Máster en Danza Movemento Terapia pola Universidad Autónoma de Barcelona.

Membro titular da ADMTE.

Nestes anos, tiven a sorte de traballar e medrar mediante intervencións educativo-terapéuticas, creativas e/ou en movemento, con diferentes colectivos e persoas con problemáticas diversas. En xeral, realicei e realizo o meu labor profesional con persoas maiores, adultos, familias e menores. Ademais, teño experiencia en planificación e desenvolvemento de actividades de animación, talleres de artesanía, talleres de educación ambiental, e outras actividades creativas.

Actualmente, nos diferentes proxectos que desenvolvo, traballo da man da Danza Movemento Terapia e da Educación Social, promovendo a presenza do corpo nos procesos educativos, preventivos, terapéuticos e de crecemento persoal, ou a través de cursos de formación ou de obradoiros de ocio educativo e creativo. Propoño o corpo e o seu movemento como medio para explorar, crear, imaxinar, xestionar emocións e vivencias, coñecernos, expresarnos, compartir, conectar, relaxarnos e respirar, centrarnos no “aquí e agora”, estimular capacidades, aprender... En definitiva, propoño traballar cunha ferramenta chea de creatividade para medrar dun xeito diferente e global.

óscar figueira

Os meus campos de traballo: artesanía, ocio e tempo libre, risoterapia. 

O meu labor profesional permitiume e permíteme desfrutar de experiencias laborais moi enriquecedores tanto con nenos e nenas de diferentes idades, como con adultos, familias e persoas maiores, planificando, organizando e desenvolvendo todo tipo de talleres e actividades ligadas á animación, natureza, artesanía e creatividade, ocio alternativo e motivación.

Nos diferentes obradoiros que desenvolvo parto da estimulación creativa como eixo central, e procuro transmitir a satisfacción de traballar coas nosas propias mans. Pretendo fomentar a conexión coa contorna natural, transmitindo a importancia de respectala e invitando a desfrutala e coidala, poñendo o noso grao de area con obradoiros de reciclaxe creativa onde reutilizamos e reciclamos diversos materiais de refugallo. Propoño actividades en grupo e para familias, nas que promover  a cooperación e traballo en equipo, a comunicación, o vínculo e o establecemento de relacións positivas. Trátase de divertirnos e medrar desenvolvendo capacidades e sacando á luz a nosa creatividade.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29