Tinguidura de camisetas

A partir de 12 anos ou en familia

 

Nesta actividade teremos a oportunidade de experimentar con tinturas de cores diferentes, aprendendo técnicas variadas para deseñar a tintura das nosas propias camisetas con variadas formas e acabados, customizando prendas novas ou reciclando e dando unha nova vida ás que xa temos.

Sacaremos á luz a nosa capacidade creativa e o noso gusto para mesturar e combinar cores e formas na tinguidura.

Teremos a oportunidade de crear varias prendas escollendo deseños diferentes!

Estampado de camisetas

De 7 a 12 anos

 

Neste taller utilizaremos diversos materiais de refugallo e tamén materiais naturais para estampar con pintura as nosas propias camisetas. Poderemos realizar os nosos deseños, escollendo cores e formas, customizando prendas novas ou reciclando e dando unha nova vida ás que xa temos.

Sacaremos á luz a nosa capacidade creativa e teremos a oportunidade de crear varias prendas escollendo deseños diferentes!

Costura creativa

De 7 a 12 anos

Con maña, paciencia e imaxinación aprenderemos a crear todo tipo de complementos con teas e feltros para lucir e poñernos cada día, mostrando a nosa personalidade creativa!

Aprenderemos a guiarnos por pequenos patróns, e a realizar diversos tipos de costura para rematar cada creación. Deseñaremos cada elaboración e combinaremos cores e teas diferentes. Algúns exemplos do que podemos elaborar: chaveiros, carteiras, moedeiros, broches, pulseiras, decoración, etc.

Esta actividade axudará a fomentar a nosa capacidade imaxinativa e creativa e a estimular a motricidade e mobilidade das mans, así como a traballar a paciencia e as capacidades de atención e concentración. Pero sobre todo, divertirémonos deseñando, cosendo e compartindo ideas!

OBRADOIRO DE COSTURA CREATIVA: Evento puntual. Ideal para unha celebración diferente. Duración: 2h. Neste caso, escolleranse 1 ou 2 elaboracións.

CICLO DE CURTO, MEDIO OU LONGO PRAZO: Dende 3 sesións. Tempo de sesión: 1h ou 1h30min. Aprenderemos a realizar diferentes elaboracións adaptadas ó tempo de duración do ciclo establecido.

Mini-horta

Neste taller descubriremos como poder producir en casa e compartir coa nosa familia os nosos propios alimentos sans e deliciosos, ou as nosas propias plantas aromáticas para cociñar ou facer ricas infusións e bebidas. Ademais, coñeceremos as propiedades daquilo que plantemos e investigaremos sobre a vida dos seres vexetais, o seu nacemento, crecemento, reprodución, alimentación...

O MEU SEMENTEIRO: Crearemos o noso propio sementeiro de materiais reciclados con sementes de plantas variadas. Por suposto, aprenderemos a coidalo e descubriremos todo sobre o crecemento das plantas.

A HORTA NA CASA: Un taller no que crearemos as nosas propias macetas con materiais reciclados e aprenderemos a  transplantar e coidar plantas, que nos proporcionarán deliciosos produtos, herbas para infusións ou herbas aromáticas, a medida que as continuamos coidando na casa, facéndonos responsables da nosa propia mini-horta.

Crea-natura

De 3 a 5 anos, ou en familia a partir de 1 ano

Nestes obradoiros iniciaremos os nosos primeiros contactos coa natureza que nos rodea. Utilizaremos a vista, o olfacto, o oído e o tacto, para conectar con diferentes elementos naturais: pedras, paus, ramas, follas, flores, cáscaras, sementes... Tamén utilizaremos as palabras para poñer nome ós elementos e ás sensacións, descubrindo adxectivos, cores, formas, verbos, poñéndonos en contacto coa lingua a través da natureza.

En cada sesión descubriremos elementos diferentes, exploraremos a súa forma e cor, o seu tacto, o seu olor..., os describiremos e aprenderemos a súa importancia e as súas características máis interesantes. Dende tocar, esmagar, pisar, acariciar...ata emitir sons e facer ritmos e música, para explorar a natureza, identificar e experimentar diferentes sensacións no noso corpo.

Tras a exploración inicial, utilizaremos a nosa creatividade para elaborar orixinais traballos manuais cos elementos naturais dos que dispoñemos: collage, pintura, estampado...

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29