Team building para empresas

Un equipo de traballo unido, centrado e motivado, é unha fonte de ideas, avances, propostas e éxitos. Nunha mente despexada e activa pode desenvolverse a capacidade creativa e resolutiva necesaria para sacar adiante os retos presentes e ollar novas metas.

 

Aquí podes atopar talleres de crecemento persoal, profesional e grupal, dirixidos a empresas e grupos de traballo, para medrar ó mesmo tempo que descargamos tensión e nos cargamos de enerxía.

Risoterapia

A risoterapia axudará a liberar tensións innecesarias, fomentará a confianza e seguridade dentro do grupo, sacará a luz os roles de cada participante, facilitando o autocoñecemento, observando a súa posición no grupo, dando a oportunidade de mostrar e desenvolver novas capacidades. O grupo coñecerase dun xeito diferente, aumentando a complicidade, compartindo un ocio san e moi divertido.

Actividades

Movemento, conexión & crecemento

Partindo do movemento como elemento fundamental para o desenvolvemento emocional e social das persoas, desenvólvese esta actividade para grupos de traballo, a través da Danza Movemento Terapia, unha terapia creativa que promove a integración corpo-mente e que nos aporta beneficios a nivel cognitivo, físico, emocional e social.  Nestas sesións descubriremos camiños para concentrarnos, reducir estrés e tensión, conectar co noso interior, centrándonos no “aquí e agora”, aprendendo a estar presentes, mediante diversas técnicas e exercicios de relaxación, consciencia corporal e concentración. Crearemos un espazo seguro e confortable que nos permita deixarnos levar, a través da improvisación, a música, o ritmo, o contacto, o intercambio...e variados materiais, estimulando a nosa  capacidade creativa. A través do movemento, non só nos coñeceremos mellor e exploraremos o noso corpo, as nosas emocións, capacidades e necesidades, senón que reforzaremos as nosas habilidades sociais e de comunicación: empatía, escoita activa, liderado, iniciativa, límites propios e alleos, etc., medrando a nivel persoal e profesional; ademais de medrar como grupo, creando e mellorando a confianza, a complicidade, o apoio, a cooperación, experimentando e definindo roles, etc.​

Sendeirismo consciente

Nesta actividade fusiónanse natureza, corpo e mente. As técnicas de relaxación e consciencia corporal, de atención plena e conexión con nós mesmos/as, permitirannos reducir a tensión e o estrés, desconectar para ter a mente libre e aberta. As dinámicas de cooperación, escoita activa, empatía, comunicación, habilidades sociais... reforzarán o sentimento de grupo, permitirán mostrar e experimentar roles, estimulando a capacidade de liderado, a colaboración en equipo, etc. O exercicio lixeiro ó aire libre proporcionará unha maior sensación de relaxación, desconexión e liberdade, que nos permitirá desfrutar dunha xornada de crecemento persoal e grupal diferente.

Consulta outras opcións de talleres para adultos e familias.

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29