Xogos tradicionais

Os xogos tradicionais teñen unha dimensión tanto lúdica como cognitiva, física e socio-educativa. Ofrécennos múltiples opcións para divertirnos, rir e pasar unha xornada agradable. Pero ademais, a nivel físico, axúdannos a estimular as nosas habilidades e destrezas; e a nivel cognitivo, estimulamos aspectos como a atención, a concentración, a memoria, a integración de instrucións e a capacidade resolutiva e creativa. En canto ós aspectos socio-educativos, nestes obradoiros haberá cooperación, traballo en equipo, respecto, intercambio, comunicación, convivencia...

Serán xornadas nas que reforzar a nosa capacidade para apoiarnos e traballar en equipo,  establecendo relacións positivas, compartindo xogos cos iguais. Divertirémonos con xogos con material coma tiro con arco, os sacos, culler + pelota, aros, tira da corda, etc., con outros xogos de grupo coma o pano, pés quedos, pasa perico, etc., e por suposto, dinámicas para coñecernos, activarnos e prepararnos para o xogo.

Xincana

Evento puntual ideal para celebracións ou eventos. Duración: 2 horas. Comezaremos con dinámicas de grupo para quecer, coñecernos e prepararnos para ir pasando por diferentes xogos tradicionais e probas variadas, divertíndonos e explorando as nosas habilidades. Ofrecemos a posibilidade de desfrutar tamén da actividade de tiro con arco.

Actividade con diferentes modalidades:

Ciclo de xogos tradicionais

Varias sesións de 1 hora ou 1 hora 30 minutos. En cada xornada descubriremos e aprenderemos divertidos xogos populares que pasarán a formar parte do noso ocio en familia.

Olimpiada de xogos tradicionais

Evento puntual. Duración: 2 horas. Nesta modalidade, formaranse equipos e realizaranse diferentes probas de xogos tradicionais nas que demostraremos as nosas habilidades e a nosa capacidade para cooperar. Trátase de divertirse, colaborar e desfrutar xuntos/as, nun ambiente de xogo distendido e animado.

A feira

Unha xornada ideal para eventos con gran número de persoas participantes, onde desfrutan pequen@s e maiores. Trátase dunha “feira” con diferentes postos, nos que atoparemos divertidas probas e xogos. Poderemos ir achegándonos libremente e probar sorte poñendo a proba as nosas destrezas. 

facebook xanzá
Xanzá Movemento eco-creativo
Teléfono de contacto: 698 19 28 29